Fondos Next Generation EU
Os Plans Complementarios son un instrumento impulsado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades en colaboración coas comunidades autónomas dirixidos a colaborar en accións de I+D+i con obxectivos comúns. Están enmarcados na compoñente 17 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR): “Reforma institucional e fortalecemento das capacidades do sistema nacional de ciencia, tecnoloxía e innovación”.
O Plan Complementario de Biodiversidade, denominado “Exploración, análise e e prospectiva da biodiversidade: Posibles respostas á estratexia 2030 de desenvolvemento sustentable nun escenario de cambio global, ten por obxectivo o desenvolvemento de solucións que estean centradas na natureza, e que teñan en conta como inciden nela as actividades antrópicas, para deter a crise de Biodiversidade á vez que permitan a mitigación e adaptación dos sistemas naturais ao cambio climático.
O programa púxose en marcha coas Comunidades Autónomas de Galicia, Andalucía, Principado de Asturias, Canarias, Extremadura e Illes Balears, mediante a suscrición dun convenio marco co Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
O programa establece unha colaboración entre institucións das CCAA participantes para avanzar en 6 liñas de actuación:
-Plataformas para a observación da biodiversidade con tecnoloxías aeronáuticas e aeroespaciais.
-Monitorización e seguimento da biodiversidade.
-Inventario dos servizos ecosistémicos.
-Avaliación e mitigación do impacto do cambio global sobre a biodiversidade.
-E-infraestrutura integrada de observación da biodiversidade.
-Rede de centros para o estudo e xestión da biodiversidade.

Fondos Europeos
Unha maneira de facer Europa.
Obxectivo Temático 13: Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da Economía.
Prioridade de inversión 13. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais, e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía
Obxectivo específico 20.1.2. Apoio ás inversións que contribúan á transición cara a unha economía dixital
Actuación 20.1.2.6
Medidas de impulso da innovación no sector aeroespacial a través da demanda de dixitalización da Administración Pública e a creación de solucións innovadoras baseadas en sistemas e vehículos UAVs
