PO FEDER Galicia 2014-2020
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, PO FEDER Galicia 2014-2020.
Unha maneira de facer Europa.
Eixo Prioritario/Obxectivo Temático 13. Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da Economía.
Obxectivo Específico 20.1.2. Apoio ás inversións que contribúan á transición cara a unha economía dixital
Actuación: Medidas de impulso da innovación no sector aeroespacial mediante a demanda de dixitalización da Administración Pública e a creación de solucións innovadoras baseadas en sistemas e vehículos UAVs
Desenvolvemento de Novas Solucións (I+D+i) 21-22 para a dixitalización de servizos da Xunta mediante o uso de UAVs.
Obxecto da operación: A actuación ten como finalidade impulsar o desenvolvemento e a adquisición de solucións innovadoras para a mellora dos servizos públicos de emerxencias e de xestión dos recursos mariños da Xunta, baseadas en UAVs, que inclúe a fase de creación das solucións.
Os servizos incluídos son:
Solucións_Lote 1. Atención sanitaria urxente: Servizo de investigación e desenvolvemento e, no seu caso, a posta en servizo da solución de transporte urxente de material sanitario para a atención de urxencias sanitarias con sospeitas de parada cardio-respiratoria (PCR) e doutros casos que requiran atención urxente no Camiño de Santiago francés (necesidade principal) e no entorno rural adxacente ao Camiño (necesidade complementaria). Do mesmo xeito, abarcará a funcionalidade de transporte de material sanitario entre dous puntos, como medio de demostración desta capacidade en espazos rurais que poidan ter dificultades de acceso polas condiciones meteorolóxicas ou por outras eventualidades.
Adxudicatario: Babcock Mission Critical Services Fleet Management, SAU (agora AVINCIS)
Importe: 1.084.456,20 € (1.312.192,00 € IVE incluído)
Data de formalización do contrato: 3 de marzo do 2023
Data de finalización do contrato: 15 de decembro do 2023
Solucións_Lote 2. Atención de incendios: Servizo de investigación e desenvolvemento e, no seu caso, a posta en servizo do sistema experto para o control de zonas forestais con risco de incendio para a prevención de incendios forestais, o control de incendios forestais e o control de zonas forestais para medidas en restauración post-incendio.
Adxudicatario: Babcock Mission Critical Services Fleet Management, SAU (agora AVINCIS)
Importe: 1.275.000,00 € (1.542.750,00 € IVE incluído)
Data de formalización do contrato: 3 de marzo do 2023
Data de finalización do contrato: 15 de decembro do 2023
Solucións_Lote 3. Vixilancia pesqueira: Servizo de investigación e desenvolvemento e, no seu caso, a posta en servizo do sistema experto para a xestión de inspeccións, xestionando de maneira integral o proceso de inspección, desde a detección da posible infracción mediante observación manual ou automática ata a xeración da acta de inspección con validez legal. Con este servizo darase resposta aos labores de vixilancia tanto das zonas pesqueiras como das zonas de produción de moluscos, así como o control das condicións das instalacións de cultivos mariños na zona marítima e marítimo-terrestre.
Adxudicatario: Babcock Mission Critical Services Fleet Management, SAU (agora AVINCIS)
Importe: 1.195.000,00 € (1.445.950,00 € IVE incluído)
Data de formalización do contrato: 3 de marzo do 2023
Data de finalización do contrato: 15 de decembro do 2023
Solucións_Lote 4. Localización persoas extraviadas: Servizo de investigación e desenvolvemento e, no seu caso, a posta en servizo dun sistema que lle permita á AXEGA actuar e localizar ás persoas extraviadas no menor tempo posible, mediante o uso de vehículos aéreos non tripulados.
Adxudicatario: UTE Aeromedia UAV, SL – Indra Sistemas – Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG)
Importe: 1.354.602,94 € (1.639.069,56 € IVE incluído)
Data de formalización do contrato: 2 de marzo do 2023
Data de finalización do contrato: 10 de novembro do 2023
Solucións_Lote 5. Análise de poboacións de sementes de mexillón e especies cohabitantes: Servizo de investigación e desenvolvemento e, no seu caso, posta en servizo dun sistema de apoio á análise das poboacións de semente de mexillón (Mytilus galloprovincialis) e especies cohabitantes en hábitats intermareais rochosos baseado no uso de aeronaves non tripuladas.
Adxudicatario: Telespazio Ibérica, SLU
Importe: 413.223,14 € (500.000 € IVE incluído)
Data de formalización do contrato: 2 de marzo do 2023
Data de finalización do contrato: 30 de novembro do 2023
Desenvolvemento e adquisición dun laboratorio 5G no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas Lugo (CIAR), para ensaiar solucións que utilicen este tipo de redes para a comunicación e control de sistemas aéreos non tripulados (UAVs), e deseño, desenvolvemento e operación dun conxunto de ferramentas de ciberseguridade, nos ámbitos das comunicacións e o posicionamento por satélite, para a súa posta a disposición no CIAR.
Lote 1_5G. Dotar ao CIAR dun entorno no que se poidan realizar probas de comunicacións utilizando a rede 5G para misións de UAS. Da mesma maneira, esta instalación permitirá ensaiar diferentes solucións para o despregue da propia rede de 5G que mellore as súas prestacións e características con vistas á seguridade de control remoto dos UAS.
Adxudicatario: TELEFÓNICA MÓVILES ESPAÑA, SA,
Importe: 1.611.617,36 € sen IVE (1.950.057,01 € IVE incluído)
Data de formalización do contrato: 21 de marzo do 2023
Data de finalización do contrato: 21 de decembro de 2023
Lote 2_Ciberseguridade. Implantación no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas, de compoñentes de ciberseguridade que poidan ser empregados en futuros ensaios de aeronaves como parte do sistema de seguridade dos voos. Para iso, preténdese o desenvolvemento e a incorporación de sistemas de ciberseguridade que aborden estes dous sistemas: as comunicacións e os sistemas de posicionamento por satélite.
Adxudicatario: GMV AEROESPACE AND DEFENCE, SAU
Importe: 1.345.633,57 € sen IVE (1.628.216,62 € IVE incluído)
Data de formalización do contrato: 23 de marzo do 2023
Data de finalización do contrato: 10 de xuño do 2024
Estes contratos están financiados no marco do Eixo REACT-UE do PO FEDER GALICIA 2014-2020 como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.