Sen resultados
Non se puido atopar a páxina que solicitou. Tenta refinar a túa busca ou usa a navegación superior para localizar a publicación.
A Xunta investirá preto de 6,5 M€ no desenvolvemento e adquisición de solucións innovadoras aplicadas ás emerxencias sanitarias e sociais, á xestión forestal e dos recursos mariños a través de vehículos non tripulados
Dá continuidade ao investimento doutros case 3 M€ para seguir avanzando noutras solucións tecnolóxicas pensadas para mellorar a prestación de servizos públicos e que se desenvolveron no primeiro período do Polo Aeroespacial
A Xunta mobiliza 7,2M€ para dar continuidade á aceleradora do sector aeronáutico BFAero con dúas novas edicións
O obxectivo é fortalecer o posicionamento internacional das empresas participantes e promover así a creación, aceleración e consolidación de pemes innovadoras na cadea de valor da industria aeroespacial de Galicia
A Xunta destaca que Galaxy Lab contribuirá a que a Cidade das TIC sexa un polo tecnolóxico e de innovación dixital de referencia
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou esta mañá, na Coruña, que Galaxy-Lab contribuirá a que a Cidade das TIC sexa un polo tecnolóxico e de innovación dixital de referencia. Tal e como explicou na visita ás instalacións que albergarán esta infraestrutura de investigación e experimentación con vehículos aéreos non tripulados en contornas urbanas, tamén permitirá, ao mesmo tempo, ampliar as capacidades do Polo Aeroespacial de Galicia.
A Xunta xa ten en execución 84 millóns de euros de fondos públicos no Polo Aeroespacial 2025
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, apunta que a colaboración co Consorcio Aeronáutico Galego é unha peza fundamental na Estratexia do Polo Aeroespacial para os próximos anos Nove empresas e consorcios aspiran a...
Galicia disporá de 12,3 M€ máis para desenvolver o programa de I+D do Polo Aeroespacial de Galicia
Galicia amplía a 52,3 millóns de euros os fondos destinados á licitación de Compra Pública Precomercial para a selección de socios estratéxicos e tecnolóxicos cos que desenvolver o novo programa de I+D no Polo Aeroespacial de Galicia. Aos 40M€ de fondos propios xa comprometidos, súmanse os 12,34M€ obtidos do Plan Complementario de I+D+i de Biodiversidade do Ministerio de Ciencia e Innovación -ligado ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea- para o desenvolvemento dun programa destinado á monitorización e observación da biodiversidade no que se utilizarán sistemas aéreos e mariños non tripulados para a captura de datos.
A Xunta continúa coas actividades de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas orientadas ao sector aeroespacial
Máis dun cento de alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO do CPR A Inmaculada de Lugo (Maristas) coñecerán de preto este mes de marzo o traballo que se realiza no eido dos vehículos non tripulados no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) así como nas instalacións das empresas Indra e Babcock no Parque Tecnolóxico e Industrial de Rozas.