ENAIRE
- Teléfono: 913 215 444
- Páxina web: www.enaire.es
- Contacto: Daniel García-Monteavaro Vizcaino, Xefe de departamento de Desenvolvemento de Negocio de drons
ENAIRE é o principal provedor de servizos de navegación aérea e de información aeronáutica en España, o cuarto en Europa por volume de tráfico e un dos máis importantes a nivel mundial. Como entidade pública empresarial dependente do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana xestiona o espazo aéreo español sobre un territorio de 2.190.000 quilómetros cadrados.
Participou no proxecto Galician Skyway (Programa de Solucións), como subcontratista de BOEING RESEARCH AND TECHNOLOGY EUROPE, S.L., contribuíndo á análise de impacto operacional das diferentes solucións de continxencia expostas no proxecto, mediante análise de seguridade de tipo FHA (Functional Hazard Analysis). Tamén definiu os mecanismos para coordinar as solucións de continxencia con ATC (Control Aéreo), especificando que información débese facilitar, así como de que maneira se realizará a comunicación entre o PIC (Piloto ao Mando) e ATC. Na parte de ensaios de voo, modificouse e integrouse o sistema GAMMA SIM (réplica de SACTA o sistema de Control de Tráfico Aéreo de ENAIRE).