Programa de Infraestruturas

O Polo Aeroespacial de Galicia conta cunhas infraestruturas que o fan único e que o converten nunha opción inmellorable para a realización de ensaios certificados con vehículos non tripulados.

Este programa consta de varias actuacións dirixidas a crear en Galicia as infraestruturas necesarias para o desenvolvemento do sector aeroespacial e contempla un investimento total de 13,5 M€ ata decembro de 2020, dos cales xa se executou o 100 %.

Aeródromo de Rozas
Centro Mixto de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR)

O Centro Mixto INTA-Xunta de Galicia  de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR), situado no aeródromo, conta cun avanzado equipamento que fai del un dos centros de referencia a nivel europeo no ámbito dos vehículos non tripulados.

Parque Tecnolóxico e Industrial de Rozas

Na contorna de Rozas creouse un parque tecnolóxico e industrial para dotar as empresas de solo próximo ao aeródromo e fortalecer o tecido empresarial do sector.

La creación del Centro Mixto de Investigación Aerotransportada INTA-XUNTA, situado en el aeródromo
La creación del parque tecnológico e industrial en Rozas para dotar a las empresas de suelo cercano al aeródromo.

Centro de Emprendemento

A Xunta de Galicia ten previsto crear un Centro de Emprendemento en Lugo dedicado integramente ao sector aeroespacial que acollerá a Business Factory Aero.

O Centro de Emprendemento ocupará unha superficie de 1.690 m²  dun edificio emblemático da cidade, o antigo hospital de Lugo, situándose no bloque noroeste do complexo. O orzamento previsto para adecuar as instalacións estará ao redor dos 3 M€.

Este centro terá, ademais, unha función de «think tank» ou centro de reflexión sobre o uso civil dos UAV, integrando diferentes disciplinas científicas, asesores internacionais, etc.

¡Participa!

Únete á comunidade Civil UAVS Initiative para compartires perspectivas sobre o sector.