Programa de emprendemento
O obxectivo do programa de emprendemento é apoiar a atracción e retención do talento en Galicia, de modo que os profesionais do sector atopen na Comunidade Autónoma un lugar atractivo no que desenvolver as súas carreiras profesionais.
A Business Factory Aero
A Business Factory Aero (BFAero), que forma parte do programa de emprendemento da Civil UAVs Initiative, está orientada a promover a incubación e aceleración de empresas innovadoras en Galicia, que poidan completar a cadea de valor do sector aeroespacial.
A BFAero constitúese como unha iniciativa de carácter aberto. Participan actualmente como promotores Indra e Babcock, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e diferentes pemes agrupadas a través da representación do Consorcio Aeronáutico de Galicia.
A BFAero está xestionada pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo.
Áreas temáticas: como aceleradora do sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados de Galicia, a Business Factory Aero está aberta a proxectos de emprendemento innovadores, viables e escalables que poidan afrontar unha ou varias temáticas: deseño e produción, aeronavegabilidade e navegabilidade, automatización, datos e información, fabricación, cargas de pagamento e sistemas, medios formativos, terminación de voo, seguridade e tecnoloxías habilitadoras.
Saída comercial. As solucións dos proxectos poden atopar axilmente unha saída comercial ao accederen á cadea de valor do sector aeroespacial e dos vehículos non tripulados.
Apoio ao ciclo completo. Fases de incubación (2 anos) e aceleración (1 ano), cubrindo todos os pasos evolutivos dun proxecto de emprendemento.
Alcance internacional. Internacionalización dos proxectos participantes e atracción de talento procedente doutros países.
Instalacións e medios. Acceso a plataformas mecánicas de Indra e Babcock, medios técnicos (banco de motores de CTAG e outros equipamentos da Civil UAVs Initiative) e instalacións do aeródromo de Rozas.
Formación e titorización. Plans adaptados ás necesidades de cada proxecto, horas de voo e licenzas para pilotos de UAV e apoio permanente de titores do sector.
Financiamento. Ata 100.000 € a fondo perdido en incubación e ata 50.000 € en aceleración, créditos participativos e acordos con terceiros.

Apoios a emprendedores
O emprendemento innovador en sectores estratéxicos como o aeroespacial é unha das apostas estratéxicas da Xunta de Galicia, poñendo á disposición dos emprendedores e startups un completo programa de apoios financeiros, así como múltiples recursos de asesoramento e información. A continuación, desagréganse algunhas destas alternativas:
Categoría: Convocatoria competitiva
Organismo xestor: Gain
Ámbito: Talento
Descrición: Axudas de 10.000 euros para a contratación de tecnólogos de ata 35 anos, titulados universitarios ou FP de grao superior, por un período mínimo dun ano, para realizar actividades de I+D+i, co fin de favorecer a súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente cualificado para o desenvolvemento destas actividades. Poden ser beneficiarias desta orde as empresas e organismos de investigación en Galicia.
Máis información: http://gain.xunta.gal/artigos/425/programa+principia+2020
Peche convocatoria actual: (campo data que se actualizará de acordo a cada convocatoria anual)
Categoría: Convocatoria competitiva
Organismo xestor: Gain
Ámbito: Talento
Descrición: Axudas de entre o 40 e o 60 % para a contratación de persoal de alta cualificación, por un período mínimo de tres anos, con máis de 5 anos de experiencia profesional para desenvolver a súa carreira profesional en empresas e centros de investigación, así como estimular a demanda no sector público e privado de profesionais de alta cualificación para acometer proxectos de I+D+i en Galicia. Poden ser beneficiarias desta orde as empresas e organismos de investigación (non universitarios) en Galicia.
Máis información: http://gain.xunta.gal/artigos/426/talento+senior+2020
Peche convocatoria actual: (campo data que se actualizará de acordo a cada convocatoria anual)
Categoría: Convocatoria competitiva
Organismo xestor: Igape
Ámbito: Talento
Descrición: Incorporación, titorizada e con garantías de formación, de novos titulados universitarios e de FP ás empresas ou a outras entidades de soporte, para realizar traballos que melloren as capacidades do tecido empresarial. Poden ser beneficiarias desta orde as empresas con dous ou máis empregados e organismos intermedios de carácter empresarial de Galicia. Subvenciónase o 75 % da retribución bruta do traballador durante o primeiro ano, cun importe máximo por persoa contratada que se calcula de acordo cunha fórmula establecida na convocatoria.
Máis información: http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP372
Categoría: Convocatoria competitiva
Organismo xestor: Igape
Ámbito: Inverstimento

Categoría: Préstamo
Organismo xestor: Igape
Ámbito: Investimento
Descrición: Préstamos a tipo de xuros reducido para apoiar pemes promovidas por emprendedores que realicen os investimentos necesarios para a posta en marcha do negocio en Galicia. O proxecto débese basear nun plan de empresa e debe consistir na creación dun novo establecemento ou na mellora da competitividade dun xa existente. O proxecto deberá presentar un custo financiable igual ou superior a 100.000 euros. O importe mínimo do préstamo será de 50.000 euros e o máximo de 200.000 euros, en ningún caso superará o 50 % do custo do proxecto financiable.
Máis información: http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP329
Categoría: Fondo de investimento
Organismo xestor:Xesgalicia
Ámbito: Capital risco
Descrición: Fondo de capital risco Early Stage para a posta en marcha de novos proxectos por parte de empresas de recente creación (startup) cun equipo multidisciplinar e cun modelo de negocio escalable, baseados na innovación e con alto potencial de crecemento.
Máis información: http://www.xesgalicia.gal/es/content/galicia-iniciativas-emprendedoras-ficc
Categoría: Fondo de investimento
Organismo gestor: Xesgalicia
Ámbito: Capital risco
Descrición: Fondo de investimento para proxectos empresariais realizados por empresas en funcionamento que acometan actividades innovadoras, de expansión a novos mercados, desenvolvemento de novos produtos e/ou apliquen novas tecnoloxías que lles permitan mellorar a súa competitividade empresarial.
Máis información: http://www.xesgalicia.gal/es/content/galicia-compite-ficc
Categoría: Fondo de investimento
Organismo xestor: Xesgalicia
Ámbito: Capital risco
Descrición: Fondo de investimento para proxectos empresariais con marcado carácter innovador que se atopen nunha fase de crecemento ou expansión, con especial atención aos que resulten dunha potencial valorización do coñecemento xerado polos diferentes axentes do Sistema Galego de Innovación.
Máis información: http://www.xesgalicia.gal/es/content/galicia-innova-tech-ficc