Babcock International
- Teléfono:
- Páxina web: https://www.babcockinternational.com/
- Contacto: Antonio Cano López de Ullibarri, director de Operaciones de Tierra e Infraestructuras
Empresa multinacional líder en servizos críticos de enxeñería complexa de apoio á defensa nacional, ao salvamento de vidas e a protección das comunidades. A súa actividade céntrase en tres mercados regulados: defensa, servizos de emerxencia e sistemas nucleares de uso civil.
A actividade de Babcock na CUI ten unha dobre dimensión; por unha banda, na súa dimensión industrial, Babcock céntrase no desenvolvemento de UAS para servizos BVLOS, en conceptos operacionais complexos, onde se requira a operación mixta entre aeronaves tripuladas e UAS. Por outra banda, na súa vocación de operador de UAS, Babcock desenvolve software e hardware para o despregamento de misións específicas de transporte, vixilancia, recoñecemento, detección, identificación e inspección de infraestruturas.
Participou como socio principal no Programa Conxunto GAIN- BABCOK (Programa de I+D) no que levou a cabo o desenvolvemento dos UAS LUA e LUMES, incluíndo o sistema de control de voo (FCS) con todos os seus sistemas auxiliares, tales como simulador e a unidade móbil terrestre, que inclúe o Sistema de control terreo (GCS).
Como contratista principal no proxecto de Camiño Cardiosaludable (Programa de Solucións), desenvolveu o servizo integral de atención remota mediante UAV a pacientes de PCR (Parada Cardio-Respiratoria).
Dronpharma Vant S. L.
- Teléfono:
- Páxina web:
- Contacto: Daniel Yuste Aguilera, CEO
É unha startup conformada por Delsat International, operadora de Drons e Novaltia Soc. Cooperativa, distribuidora de produtos farmacéuticos, é unha empresa de recente creación con alto potencial innovador e tecnolóxico dedicada ao desenvolvemento de proxectos de loxística de última milla con vehículos aéreos non tripulados UAS.
Dronpharma participa na terceira edición do Programa de Emprendemento Business Factory Aero- BFAero, co proxecto PHARMADRON, dirixido ao sector saúde, inicialmente para a distribución a farmacias situadas en zonas rurais, remotas, de baixa poboación, desfavorecidas e en zona xeográficas de difícil acceso e con gran dispersión demográfica, con previsión futura de facer a distribución tamén a farmacias de capitais de provincia, transporte de material sanitario a hospitais, residencias de maiores, órganos para transplantes, sangue ou calquera material médico, e tamén, en situacións emerxencia, grandes catástrofes ou pandemias.
Venturi. Soluciones integrales con aviones VTOL
- Teléfono:
- Páxina web:
- Contacto: Juan Hita, CEO
Empresa de enxeñería que proporciona ao sector enerxético e público solucións integrais de adquisición de datos mediante avións non tripulados, deseñados en base aos requisitos do cliente.
Participou na segunda edición do Programa de Emprendemento Business Factory Aero- BFAero.