A Civil UAVs Initiative
A Civil UAVs Initiative é unha iniciativa estratéxica liderada pola Xunta de Galicia que ten como finalidade promover solucións innovadoras baseadas en vehículos aéreos non tripulados (UAV, polas súas siglas en inglés) para mellorar a prestación dos servizos públicos e crear un polo de innovación tecnolóxica neste segmento do sector aeroespacial.
No ano 2015, a Xunta de Galicia, apoiada polo Goberno de España e polo Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), decidiu impulsar o sector aeroespacial a través do desenvolvemento dos UAV para o ámbito civil.
Entre 2016 e 2020 está previsto mobilizar 164 millóns de euros entre os sectores público e privado para o desenvolvemento de diversos programas, todos orientados a fortalecer a posición de Galicia no sector aeroespacial.


público-privado

Universidades, centros de coñecemento, empresas tractoras e pemes.

de I+D+i en desenvolvemento

de alta cualificación
Obxectivos principais
A Civil UAVs Initiative é a iniciativa estratéxica da Xunta para converter a Galicia nun Polo Aeroespacial de referencia en Europa. Os seus obxectivos principais son:

a prestación de servizos públicos mediante solucións innovadoras que empreguen UAV, con aplicacións na mellora da calidade das augas, a mellora da seguridade da frota pesqueira, a xestión e control forestal, a xestión e planificación do territorio, a automatización de bases topográficas e cartográficas ou a mellora da asistencia sanitaria en lugares pouco accesibles, entre outras.
Galicia como polo de innovación tecnolóxico de referencia no ámbito aeroespacial en España e en Europa.
liñas estratéxicas de I+D+i para centros de coñecemento e empresas nun sector de vangarda e de intensidade tecnolóxica alta, cun gran potencial de futuro.
como un polo de xeración, atracción e retención de talento e coñecemento.
as pemes innovadoras e o emprego cualificado en torno ao segmento dos UAV
a comercialización e internacionalización dos produtos e solucións desenvolvidos no marco da Civil UAVs Initiative.