Apoio público aos investimentos no sector aeroespacial
Galicia acompaña as súas capacidades e infraestruturas para o sector aeroespacial cun conxunto de axudas económicas complementarias para a realización de proxectos de I+D desenvolvidos neste ámbito
Programa Conecta Hubs
Categoría: Convocatoria competitiva
Organismo xestor: Gain
Ámbito: Investigación e Desenvolvemento
Descrición: Axudas para proxectos colaborativos aliñados coas áreas estratéxicas dos Hubs de innovación dixital que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia.
Máis información: http://gain.xunta.gal/artigos/448/convocatoria+conecta+hubs
Categoría: Convocatoria competitiva
Organismo xestor: Gain
Ámbito: Investigación e Desenvolvemento
Descrición: Axudas do 30 % do orzamento subvencionable, para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación, formadas por un organismo de investigación de Galicia e unha empresa, excepcionalmente dúas, co obxectivo de desenvolver de forma conxunta e coordinada actividades de investigación, innovación e desenvolvemento. O orzamento mínimo subvencionable é de 2.000.000 de euros.
Máis información: http://gain.xunta.gal/artigos/427/unidades+mixtas+investigacion+2020
Programa Industrias do Futuro 4.0
Categoría: Convocatoria competitiva
Organismo xestor: Gain
Ámbito: Investigación e Desenvolvemento
Descrición: Axudas de entre o 15 e o 80 % do orzamento subvencionable para desenvolver proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en materia de organización e procesos en liña coas tendencias da fábrica do futuro, fábrica intelixente e a industria 4.0. Os beneficiarios poden ser empresas e agrupacións dunha empresa ou empresas e un organismo de investigación. O orzamento mínimo subvencionable é de 2.000.000 de euros e o máximo de 10.000.000 de euros para proxectos individuais ou en cooperación.
Máis información: http://gain.xunta.gal/artigos/367/programa+industrias+futuro+4+-+fabrica+inteligente
Programa Conecta PEME
Categoría: Convocatoria competitiva
Organismo xestor: Gain
Ámbito: Investigación e Desenvolvemento
Descrición: Axudas de entre o 15 e o 80 % do orzamento subvencionable para desenvolver proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en materia de organización e procesos en colaboración entre empresas. Poden ser beneficiarias as agrupacións de empresas formadas por mínimo tres empresas non vinculadas entre si e como máximo por seis. O orzamento mínimo subvencionable é de 500.000 euros e o máximo de 1.500.000 euros.
Máis información: http://gain.xunta.gal/artigos/299/conecta+peme+2018
Apoyo á participación en H2020
Categoría: Convocatoria competitiva
Organismo xestor: Gain
Ámbito: Investigación e Desenvolvemento
Descrición: Axudas de entre o 15 e o 80 % do orzamento subvencionable para desenvolver proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en materia de organización e procesos en colaboración entre empresas. Poden ser beneficiarias as agrupacións de empresas formadas por mínimo tres empresas non vinculadas entre si e como máximo por seis. O orzamento mínimo subvencionable é de 500.000 euros e o máximo de 1.500.000 euros.
Máis información: http://gain.xunta.gal/artigos/299/conecta+peme+2018
Categoría: Préstamo
Organismo xestor: Igape
Ámbito: Innovación
Descrición: Programa de préstamos desenvolvidos pola Gain e o Igape, para apoiar de forma financeira novos proxectos innovadores de pemes, cun orzamento mínimo subvencionable de 71.500 €, onde o préstamo pode chegar a cubrir o 70 % dos custos subvencionables, sendo o importe mínimo do préstamo solicitado 50.000 € e máximo de 500.000 € . Son préstamos a tipos de xuro reducido para pemes que desenvolvan a súa actividade en Galicia e executen proxectos de I+D+i para mellorar a posición competitiva da empresa.
Máis información: http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP332
Préstamos para investimentos estratéxicos
Categoría: Préstamo
Organismo xestor: Igape
Ámbito: Investimento e crecemento
Descrición: Financiar proxectos de novos investimentos, intervencións de ampliación da capacidade produtiva e/ou mellora de instalacións existentes. O proxecto deberá presentar un custo financiable igual ou superior a 1.500.000 euros máis impostos, sendo o importe mínimo do préstamo 750.000 euros e máximo de 5.000.000 euros, en ningún caso superará o 50 % do custo do proxecto financiable. Poden ser beneficiarias empresas (cumprindo requisitos) e as persoas físicas, agrupacións e as sociedades civís e comunidades de bens (cumprindo requisitos).
Máis información: http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP379
Axudas a Proxectos de Investimento Empresarial
Categoría: Convocatoria non competitiva
Organismo xestor: Igape
Ámbito: Investimento e crecemento
Descrición: Subvencionar proxectos de investimento en activos fixos, para estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia, vinculados ao desenvolvemento e mellora das empresas existentes, así como á creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais. O investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 50.000 euros e non superior a 2.000.000 euros. A intensidade máxima da axuda será do 30 %. Poden ser beneficiarias as pemes, calquera que sexa a súa forma xurídica.
Máis información: http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP386
Axudas ao desenvolvemento de maquinaria e bens de equipo (Programa Maquinaria 4.0)
Categoría: Convocatoria competitiva
Organismo xestor: Igape
Ámbito: Investimento e crecemento
Descrición: Apoiar o desenvolvemento, estandarización e comercialización de maquinaria e bens de equipo nos ámbitos definidos polos axentes industriais de Galicia que presentaron propostas á consulta convocada polo Igape mediante Resolución, do 4 de setembro de 2019 (DOG núm. 183, do 26.9.2019 e DOG núm. 216, do 13.11.2019). Poden ser beneficiarias individuais as empresas do sector ou ámbito de negocio da fabricación de maquinaria ou bens de equipo e beneficiarias colectivas as agrupacións de dúas ou máis empresas nas que polo menos una delas sexa do sector ou ámbito de negocio mencionado, e as outras pertenzan a sectores da industria ou servizos directamente relacionados co desenvolvemento do produto para o que se solicita a axuda. A intensidade da axuda está entre o 15 e o 70 % do orzamento subvencionable.
Máis información: http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP387
Categoría: Préstamo
Organismo xestor: Igape
Ámbito: Investimento e crecemento
Descrición: Dirixido a pemes que desenvolvan a súa actividade no ámbito da nova industria (conforme o concepto definido na Axenda de competitividade de Galicia) e pretendan financiar investimentos en activos fixos e o capital circulante estrutural vinculados a un proxecto de investimento, priorizando tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e o concepto Industria 4.0. O proxecto deberá presentar un custo financiable entre 100.000 euros e 1.600.000 euros. O importe mínimo do préstamo será de 65.000 euros e o máximo de 1.000.000 euros, e en ningún caso superará o 65 % do custo do proxecto financiable.
Máis información: http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP330
Axudas á dixitalización da industria 4.0
Categoría: Convocatoria competitiva
Organismo xestor: Igape
Ámbito: Investimento e crecemento
Descrición: Proxectos cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas, ou entre dúas ou máis pemes galegas, como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor. Hai dúas modalidades de proxectos: colectivos, entre un grupo de empresas (opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador) e individuais, por parte dunha peme. A intensidade da axuda está entre o 20 e o 30 % dos investimentos materiais e inmateriais subvencionables (50 % para os gastos de colaboracións externas subvencionables).
Máis información: http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP359
Outros apoios
Ademais das nosas axudas máis relevantes, dispoñemos dun amplo catálogo de apoios que poden ser sinérxicos ou complementarios para o impulso a proxectos no sector aeroespacial. Pode obter información na seguinte ligazón.