Aeromedia UAV, S. L.

  • Teléfono: 981 901 768
  • Páxina web: https://aeromedia.es/
  • Contacto: Aquilino Abeal Pérez, conselleiro delegado

Empresa líder en servizos de RPAS, con ampla experiencia en voos con naves non tripuladas en áreas como a aeronáutica, a industria, a topografía, ou o ámbito forestal, levando a cabo os procesos de inspección, mantemento e filmación tanto no plano técnico como no plano audiovisual.

Participou no Programa Conxunto GAIN- INDRA (Programa de I+D) como subcontratista do socio tecnolóxico principal INDRA. Realizou o deseño, fabricación, preparación para a operación mariña e aprovisionamento dun sistema de vehículos aéreos non tripulados, cun multi rotor cautivo de seguimento de equipo móbil.

Tamén participou no proxecto MAR-2 (Programa de solucións) como subcontratista da UTE INDRA SISTEMAS, S.A. – SOLUCIONES E PROXECTOS DE INFORMACIÓN, S.L. ( SIXTEMA) – ADANTIA S.L. realizando o deseño e fabricación dun RPAS multirrotor de 25 Kg. O dron deseñado permite utilizar sondas e equipos de mostraxe en auga de ata 9 Kg.

Participou no proxecto TERRA-3 (Programa de Solucións) como contratista principal da UTE ALTIA – COTESA – AEROMEDIA, realizou voos con Lidar, Termografía, RGB e multiespectral.

Fiber Laminates S.L.

  • Teléfono: 986 727 853
  • Páxina web: www.fiberlaminates.com
  • Contacto: Silvia Tilves Santome, directora xeral

Empresa especializada no deseño e fabricación de avións lixeiros cun alto grao de innovación e provedor de solucións en materiais compostos para os diferentes sectores da industria.

Deseñou e fabricou a plataforma do primeiro UAV anfibio do mundo, así como outras plataformas de UAV baseadas nos seus propios deseños para empresas internacionais, como Meteor Aerospace e UVS Intelligence System conseguindo solucións tecnolóxicas únicas no mercado.

Participou no proxecto MAR-1 (Programa de Solucións) como subcontratista da UTE IMATIA INNOVACION, S.L. – CARTOGALICIA, S.L. – INDUSTRIAS FERRI, S.A., adaptando unha das súas aeronaves para a vixilancia costeira mediante o desenvolvemento de sistemas de control e cargas de pago, e instalación de servos que permiten o control autónomo da aeronave.

Generadron Innovación S. L.

  • Teléfono:
  • Páxina web:
  • Contacto: Carlos de la Rocha López-Sors, CEO

Empresa que nace como spin out de AEROMEDIA UAV, S.L. para a explotación da aplicación dos RPAS na inspección de aeroxeradores.

O sistema que a empresa desenvolve ten as seguintes funcionalidades:

-Inspección de pas de aeroxeradores en movemento, sen deter a produción nin intervir na máquina.

-Realización de fotografías de moi alta definición con identificación da pa.

Para elo, o sistema consta dos seguintes elementos:

-Láseres de precisión para automatizar a inspección.

– Sistema autónomo que identifica a pa e xestiona o disparo da cámara.

– Sensores para a medición de distancias, revolucións, ángulos e identificación automática da pa.

– Sistema semiautomático de execución de voo e inspección.

Participou na primeira convocatoria do Programa de Emprendemento, Business Factory Aero – BFAero co seu proxecto DRONEWIND, un sistema para a inspección de aeroxeradores en movemento.

 

Industrias Ferri

  • Teléfono: 986 468 201
  • Páxina web: https://ferri-sa.es/gl/
  • Contacto: Sergio de Frutos Parra, director de Operacións

Empresa especializada na fabricación de equipos e maquinaria para todo tipo de embarcacións e maquinaria para minería ornamental.

Participou no proxecto MAR-1 (Programa de Solucións) como contratista da UTE IMATIA INNOVACION, S.L. – CARTOGALICIA, S.L.- INDUSTRIAS FERRI, S.A. no desenvolvemento e fabricación dos compoñentes a integrar nun USV para rescate de persoas en situación de emerxencia.

Seadrone, S. L.

  • Teléfono: 986 118 012
  • Páxina web: www.seadrone.es
  • Contacto: Iñigo Echenique Gordillo, director responsable de I+D

Compañía tecnolóxica de deseño e desenvolvemento de vehículos mariños non tripulados e os seus sistemas asociados. Os  USVs (Vehículos de Superficie Non Tripulados) están deseñados tomando como premisa as posibilidades que ofrecen desde o punto de vista da arquitectura naval, o rendemento e a funcionalidade.

Participou no Programa Conxunto  GAIN- INDRA (Programa de I+D) como subcontratista do socio tecnolóxico  INDRA. Levou a cabo o desenvolvemento do  USV-0 e o deseño e a construción do prototipo  USV1, así como o proxecto e fabricación da súa electrónica e consolas de control, comunicacións, integración de sensores e sistemas de navegación e a enxeñería e fabricación do sistema de despregamento dunha sonda ambiental  multiparamétrica no  USV0 e un  ROV no  USV1.

Tamén participou no proxecto MAR-2 (Programa de Solucións) como subcontratista da UTE  INDRA SISTEMAS, S.A. – SOLUCIONES E PROXECTOS DE INFORMACIÓN, S.L. ( SIXTEMA) –  ADANTIA S.L. Levou a cabo o deseño e a construción do prototipo “Mar Dous”, a súa electrónica de control, comunicacións e integración de sensores, así como na enxeñería e fabricación dun  cabrestante  telemandado para unha sonda ambiental  multiparamétrica con transmisión de datos ao control de terra.

UAV Works, S. L.

  • Teléfono: 637 542 050
  • Páxina web: www.uavworks.es
  • Contacto: yago Osset, cofounder & Business Development

Empresa de enxeñaría aeronáutica, fabricación de aeronaves e sistemas UAS, deseñou e desenvolveu o chamado concepto VALAQ, un avión de despegue vertical mediante unha solución aerodinamicamente máis limpa e coa maior simplicidade posible, o que lle confire unha maior eficiencia respecto a calquera multicóptero do seu mesmo peso. Concretamente é capaz de multiplicar da orde de entre 3 e 5 veces máis a autonomía e o alcance comparado con calquera multicóptero do seu mesmo peso. Tal tecnoloxía só foi capaz de ser desenvolvida por 4 compañías máis no mundo. UAV Works deseñou o seu primeiro produto específico para o sector da vixilancia e a seguridade chamado VALAQ Patrol. Esta primeira plataforma foi creada baixo a denominación 120, que fai referencia á súa envergadura en centímetros. O produto foi deseñado tendo en conta as necesidades do usuario final, cumprindo cuns requerimentos moi específicos para conformar un produto de fácil transporte, rápido despregue operativo e con gran potencia de imaxe. O VALAQ Patrol distínguese polo seu fácil e sinxelo manexo, incorporando funcións “one click” coas que o piloto poderá concentrarse no control da cámara e coas que poderá realizar maniobras tácticas especificamente deseñadas para maniobrar a aeronave da maneira máis eficiente de cara á misión. A compañía aposta por unha formación ao cliente máis táctica que operativa, dado que a sinxeleza de pilotaxe permite volcarse coa maniobra vixilancia. Ao cliente trasládaselle, polo tanto, todo o know how táctico para espremer todas as capacidades da aeronave mediante unha formación específica como servizo opcional.

UAV Works, aproveitando as capacidades da tecnoloxía VALAQ, ten no seu portfolio VALAQ Mapper e VALAQ Courier, cos que abordar o sector de mapeado de superficies e o de Delivery respectivamente, mercados de gran envergadura o primeiro, e de gran potencial o segundo, que indubidablemente e gracias ás características de voo do VALAQ poderán abordar tales funcións cunha eficiencia moi superior.

Participou na primeira convocatoria do Programa de Emprendemento, Business Factory Aero – BFAero e despois do seu paso, UAV Works puido deseñar o plan de produción co que puido iniciar a produción en serie lanzándoo ao mercado a mediados do 2021.

¡Participa!

Únete á comunidade Civil UAVS Initiative para compartires perspectivas sobre o sector.