A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, clausurou a Asemblea Xeral Ordinaria do Consorcio Aeronáutico Gallego

Vigo, 28 de maio de 2024. A Xunta está a traballar en novos instrumentos de colaboración e liñas de apoio para impulsar o sector aeronáutico de Galicia. Así o trasladou hoxe a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial da Consellería de Economía e Industria, Margarita Ardao, durante a clausura da Asemblea Xeral Ordinaria do Consorcio Aeronáutico Gallego (CAG).

Na súa intervención, a directora trasladou o reforzo do apoio e o compromiso do Goberno galego co crecemento e a internacionalización das empresas emerxentes do sector aeronáutico co obxectivo de impulsar a súa competitividade.

Convenio de colaboración

Margarita Ardao tamén puxo en valor o convenio de colaboración asinado entre a Xunta e o Consorcio Aeronáutico Gallego para a creación, posta en marcha e xestión do Observatorio da Industria Aerospacial en Galicia.

Neste sentido, sinalou que o obxectivo desta colaboración público-privada é que este Observatorio se converta nun centro de referencia a nivel nacional e internacional na realización e difusión de estudos científicos económicos, estatísticos e de perspectiva do sector aeroespacial.

Entre as actuacións que se enmarcan no convenio están a creación das contas sectoriais do sector aeroespacial de Galicia; a realización de informes e estudos estatísticos e econométricos de impacto do sector aeroespacial; estudos de prospectiva e tendencias deste sector en Galicia a nivel nacional e internacional; informes e estudos sobre a creación e crecemento de empresas na Comunidade relacionadas co sector; ou a promoción, difusión e divulgación das actividades e estudos do Observatorio.

¡Participa!

Únete á comunidade Civil UAVS Initiative para compartires perspectivas sobre o sector.