Estratexia 2021-2025
A planificación estratéxica da Civil UAVs Initiative 2021-2025 da continuidade á iniciativa impulsada en 2015 pola Xunta de Galicia para promover o desenvolvemento tecnolóxico de vehículos e sistemas non tripulados.
Para o período 2021-2025 xa se comprometeron 84 millóns de euros, aspirando a mobilizar un investimento de máis de 540 millóns de euros, mediante a colaboración público-privada (fondos europeos e financiamento privado) para impulsar unha iniciativa estratéxica e tractora de interese rexional que constitúe un instrumento clave de transformación económica e creación de emprego altamente cualificado.
Este investimento estrutúrase en torno a sete programas: I+D, Solucións, Investigación Científica, Infraestruturas, Competitividade, Talento e Vocacións científico-tecnolóxicas, que se desenvolverán a través de 30 actuacións específicas, que van desde:
O financiamento de grandes programas de I+D para a busca de novas tecnoloxías disruptivas.
A compra de solucións baseadas nestas tecnoloxías para incorporar aos servizos da Xunta de Galicia.
O impulso do Centro de Investigación Aeroportada de Rozas como infraestrutura de ensaios de referencia europea.
O apoio ás empresas galegas coa apertura de novos mercados.
A realización de actividades con escolares para promover vocacións científico-tecnolóxicas e seguir apostando polo talento.
A nova estratexia da Civil UAVs Initiative buscará, ademais, dar resposta aos novos retos do sector dos vehículos non tripulados nos eidos público e privado, como a atención á dependencia, a xestión de emerxencias, a modernización da agricultura, a seguridade turística, a xestión sustentable dos recursos forestais, da biodiversidade ou da auga, a mobilidade ou as enerxías renovables. Aliñada co contexto das políticas europeas, os retos verdes protagonizarán a Civil UAVs Initiative.
Obxectivos
7
Programas
30
Actuacións
+540
M€ de
investimento
4-8
Empresas
tractoras
20
Solucións
tecnolóxicas
24
Novas
empresas
Desenvolver o polo de Rozas como epicentro da I+D+i aeroespacial en Galicia e posicionar Galicia como un actor global no sector
Mellorar a eficiencia dos servizos públicos mediante o uso de aeronaves non tripuladas
Xerar capacidades e coñecemento científico básico en Galicia
Internacionalización dos produtos e servizos desenvolvidos polas empresas galegas do sector aeroespacial, apoiando a súa chegada a novos mercados
Creación de emprego de calidade e desenvolvemento do talento galego
Planificación estratéxica Civil UAVs Initiative 2021-2025 (resumo executivo)
XORNADA DE PRESENTACIÓN DA CIVIL UAVS INITIATIVE 2021-2025 E DA LICITACIÓN PARA A SELECCIÓN DE SOCIOS ESTRATÉXICOS E TECNOLÓXICOS (27 de xullo)
Presentación da planificación estratéxica. Patricia Argerey Vilar, directora da Axencia Galega de Innovación
Novas oportunidades de investimento para o sector aeroespacial de Galicia. A senda dun pacto de Estado pola Industria. Jaime de Rábago Marín, decano do Colegio Nacional de Ingenieros del ICAI e Presidente do Comité de Industrialización do Instituto de la Ingeniería de España
Presentación da licitación para a selección de socios estratéxicos e tecnolóxicos para o período 2021-2025. Luisa Boquete, directora da Área de Programas de Innovación da Axencia Galega de Innovación
Presentación da licitación para a selección de socios estratéxicos e tecnolóxicos para o período 2021-2025. Beatriz Allegue, Xefa de Gabinete de Desenvolvemento Lexislativo – Asesoría Xurídixa Xeral da Xunta de Galicia