Programa de fomento das vocacions científico-tecnolóxicas “Voando alto, sumando vocacións”
No marco da Civil UAVs Initiative e coa colaboración das empresas Boeing, Indra e Babcock desenvólvese Voando alto, sumando vocacións, un completo programa de actividades para o fomento das vocacións científico-tecnolóxicas cuxo obxectivo é espertar o interese polas carreiras STEM entre a xente máis nova.
O programa de actividades desenvólvese no curso 2019-2020 e 2020-2021 e está dirixido a estudantes de educación Primaria, Secundaria, Bacharelato, Ciclos Formativos e Educación Especial así como á comunidade universitaria. Tamén contempla accións abertas a todo tipo de público.
O desenvolvemento do programa Voando alto, sumando vocacións conta coa colaboración da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) e o Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR).
ENSINANZA PRIMARIA E SECUNDARIA
ENSINANZA PRIMARIA E SECUNDARIA