Actores da Civil UAVs Initiative
A Xunta de Galicia, coa implicación de todas as consellerías, é o promotor e xestor da Civil UAVs Initiative, así como primeiro cliente e validador da tecnoloxía desenvolvida.
Todas as consellerías da Xunta de Galicia participan como usuarias e codeseñadoras das tecnoloxías e solucións que se desenvolven a través dos diferentes contratos de Compra Pública de Innovación (CPI).
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) é o departamento xestor da iniciativa e o IGAPE é organismo cofinanciador de varios dos programas da Civil UAVs Initiative.
O INTA, Organismo Público de Investigación (OPI) especializado na investigación e o desenvolvemento tecnolóxico nos ámbitos da aeronáutica, o espazo, a hidrodinámica, a seguridade e a defensa, e integrado no Ministerio de Defensa, participa como impulsor da Civil UAVs Initiative.
En colaboración coa Xunta de Galicia, o INTA xestiona o Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR), é organismo cofinanciador do programa de infraestruturas e actúa como o seu órgano de contratación.
O Ministerio de Ciencia e Innovación é o principal financiador dos programas de Infraestruturas e de Solucións . Tamén o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI), integrado neste ministerio, colabora e financia a Civil UAVs Initiative.
A empresa pública ENAIRE, principal provedor de servizos de navegación aérea e de información aeronáutica en España, integrada no Ministerio de Fomento, participa como socio no programa conxunto Xunta-Boeing Research and Technology Europe “Galician Skyway”.
Indra, multinacional española líder no sector aeroespacial; Babcock Mission Critical Services, multinacional británica; e Boeing Research and Technology Europe, división da multinacional norteamericana líder no sector aeroespacial, son socios tecnolóxicos e industriais da Xunta de Galicia na Civil UAVs Initiative, concretándose a súa participación no desenvolvemento dun programa conxunto de I+D por cada compañía.
As tres multinacionais despregaron en Galicia todo o seu potencial estratéxico en alianza con pequenas e medianas empresas locais, centros tecnolóxicos e de investigación e universidades galegas.
Ademais das Administracións e das empresas que desempeñan o papel de tractoras, a iniciativa conta coa implicación de centros de coñecemento e empresas que reteñen o talento da rexión. Entre eles, as tres universidades galegas e nove centros tecnolóxicos e de investigación.
Participación individualizada por axente nos diferentes programas. (Descargar)
Porcentaxe de participación por tipo de entidade na Civil UAVs Initiative. (Descargar)