Aviso Legal

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo deste portal de internet (en diante, o “Portal’) que a
Axencia Galega de Innovación pon a disposición dos usuarios de internet.
A Axencia Galega de Innovación é a titular do subdominio “civiluavsinitiative.com” e dos distintos
elementos nel incluídos.
O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a
publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda
que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a
Axencia Galega de Innovación non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se
atope totalmente actualizado.
A Axencia Galega de Innovación non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o
uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas
aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito
exercicio das súas competencias.
A Axencia Galega de Innovación non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos
das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en
todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.
A Axencia Galega de Innovación resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen
necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa
configuración ou presentación.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da
Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de
reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e
comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
• Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
• O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade
intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos
distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables. 

Privacidade

Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza o Portal, que en
ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:
Cookies propias : son enviadas aos seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Axencia Galega de
Innovación, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies
son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte do usuario.
Cookies analíticas de terceiro : o Portal usa as cookies da ferramenta Google Analytics , que realiza unha
medición e análise estatística da navegación dos usuarios na web, co fin de mellorar os servizos que
ofrece o Portal. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.
Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes
de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google,

nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente
obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics .
Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con
Google Analytics , prema aquí .
Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración,
ou se elimina as cookies , posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie .

Protección de datos

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste Portal estará suxeito ao
establecido polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de
2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre
circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de
datos) e demais normativa de aplicación. Os datos achegados polo interesado utilizaranse, con carácter
único e exclusivo, para os fins previstos no procedemento ou actuación que se trate. En ningún caso os
referidos datos serán obxecto de tratamento ou de cesión a terceiros, se non é co consentimento
inequívoco do afectado.
En cumprimento do disposto no citado Regulamento o cedente dos datos poderá, en calquera momento,
exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición na forma que regulamentariamente
se determine.
As persoas usuarias deste Portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos
datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo en que poden exercitar os dereitos,
o contacto cos Delegados e Delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos
esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: Información
sobre protección de datos persoais (https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos).

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das
Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento
xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración
pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e
castelán.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo
competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal,
os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.

¡Participa!

Únete a la comunidad Civil UAVs Initiative para compartir perspectivas sobre el sector